Carballo concentra o maior volume de paro da Costa da Morte e tamén a maior incidencia por habitante

4 minutes read

A Unión Sindical Obreira (USO) analiza os últimos datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2026 nos concellos da Costa da Morte, atendendo non só ao número total de persoas desempregadas, senón tamén ao seu peso en relación coa poboación de cada municipio.

Esta análise permite obter unha visión máis axustada da realidade laboral do territorio. Non é o mesmo comparar concellos con moito poboación que municipios máis pequenos. Por iso, USO calculou a incidencia do paro rexistrado por cada 1.000 habitantes, un indicador que permite observar con maior claridade onde pesa máis o desemprego.

En conxunto, os 17 concellos da Costa da Morte rexistran 4.042 persoas desempregadas en maio de 2026. O dato supón unha mellora respecto ao mes anterior, pero tamén reflicte que o emprego segue sendo un dos grandes retos do territorio.

Desde USO valoramos positivamente calquera descenso do paro, pero consideramos necesario analizar os datos con rigor e sen triunfalismos. A evolución é favorable en termos xerais, aínda que existen diferenzas importantes entre concellos.

Carballo concentra o maior volume de paro e tamén a maior incidencia por habitante
Carballo rexistra 1.521 persoas desempregadas, o que o sitúa como o concello con maior número absoluto de persoas en paro de toda a Costa da Morte.

Pero o dato máis relevante é que tamén aparece como o municipio con maior incidencia relativa, con 47,4 persoas paradas por cada 1.000 habitantes. É dicir, Carballo non só lidera o volume total de desemprego, senón tamén a presión do paro en relación coa súa poboación.

Desde USO entendemos que este dato debe ser tido en conta á hora de deseñar políticas activas de emprego, formación, orientación laboral e apoio ao tecido produtivo. Carballo ten un peso económico e poboacional central na Costa da Morte, e por iso necesita medidas acordes a esa realidade.

Clasificación de concellos con menor incidencia do paro
Os concellos con menor número de persoas paradas por cada 1.000 habitantes son:

PostoConcelloPersoas paradasPoboaciónParo por cada 1.000 habitantes
1Mazaricos913.73024,4
2Zas1044.19724,8
3Vimianzo1706.75425,2
4Cabana de Bergantiños1044.06825,6
5A Laracha31611.77326,8

Estes datos sitúan a Mazaricos, Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños e A Laracha como os concellos con menor incidencia relativa do paro dentro do conxunto analizado.

Desde USO consideran que estes resultados deben interpretarse tendo en conta a estrutura económica de cada municipio, o peso do sector primario, a actividade local, a mobilidade laboral cara a outros concellos e a propia evolución demográfica.

Concellos con maior incidencia do paro
No lado contrario, os concellos con maior número de persoas paradas por cada 1.000 habitantes son:

PostoConcelloPersoas paradasPoboaciónParo por cada 1.000 habitantes
1Carballo1.52132.09547,4
2Camariñas2065.06740,7
3Corcubión671.65640,5
4Malpica de Bergantiños2115.24740,2
5Cee3037.73139,2
6Coristanco2215.70838,7

Ademais de Carballo, destacan por encima da media territorial Camariñas, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Cee e Coristanco. Estes concellos presentan unha maior presión do desemprego en relación coa súa poboación, polo que deben ser tidos especialmente en conta en calquera estratexia de emprego para a Costa da Morte.

USO insiste en que estes datos non deben utilizarse para sinalar a ningún municipio, senón para orientar mellor as políticas públicas. Alí onde o paro pesa máis, as medidas deben ser máis precisas, máis constantes e mellor adaptadas á realidade local.

Ranking completo da Costa da Morte

ConcelloPersoas paradasPoboaciónParo por cada 1.000 habitantes
Mazaricos913.73024,4
Zas1044.19724,8
Vimianzo1706.75425,2
Cabana de Bergantiños1044.06825,6
A Laracha31611.77326,8
Muxía1204.32627,7
Dumbría772.71828,3
Ponteceso1555.26029,5
Fisterra1404.69029,9
Carnota1333.77735,2
Laxe1032.88135,8
Coristanco2215.70838,7
Cee3037.73139,2
Malpica de Bergantiños2115.24740,2
Corcubión671.65640,5
Camariñas2065.06740,7
Carballo1.52132.09547,4

Unha análise necesaria para non quedarse só no dato global
O descenso xeral do paro é unha boa noticia, pero a análise por habitante permite ver unha realidade máis completa. Hai concellos onde o número absoluto de persoas paradas pode parecer baixo, pero o seu impacto sobre a poboación é relevante. E tamén hai municipios grandes, como Carballo, onde coinciden as dúas circunstancias: máis persoas desempregadas e maior incidencia relativa.

Por iso, USO considera que as políticas de emprego deben axustarse á realidade de cada concello. Non basta con aplicar medidas xerais para todo o territorio. A Costa da Morte necesita unha estratexia laboral que teña en conta as súas diferenzas internas, a súa dispersión poboacional, o envellecemento, a mobilidade, a estacionalidade e a estrutura produtiva de cada zona.

Valoración de USO
Desde a Unión Sindical Obreira (USO) defendemos que a mellora do emprego debe medirse non só pola baixada do paro, senón tamén pola calidade dos postos de traballo que se crean.

A Costa da Morte necesita emprego estable, salarios dignos, formación vinculada a necesidades reais, apoio ao tecido produtivo, reforzo dos servizos públicos e oportunidades laborais para mulleres, mozas e persoas maiores de 45 anos.

USO considera prioritario reforzar as políticas activas de emprego nos concellos con maior incidencia relativa do paro, sen esquecer os municipios máis pequenos, onde calquera variación do desemprego pode ter un impacto importante na vida económica e social.

Desde USO seguirán analizando os datos con rigor, defendendo o emprego digno e reclamando medidas útiles para que a mellora do mercado laboral chegue a todos os concellos da Costa da Morte.

Porque cando o paro se mide por habitante, a foto cambia. E esa foto debe servir para actuar mellor, conclúen.