Carballo está preparado para unha multitudinaria acollida esta noite ao grupo arxentino Ráfaga

2 minutes read

O grupo Ráfaga xa está en Carballo. Tras pasar polos estudos de Novahit radio esta mañá, xa ten todo o seu repertorio a punto para ofrecer esta noite o que será o seu terceiro concerto en Galicia da súa xira por España este 2026, (o 9 de xullo en Carnés, Vimianzo). A banda arxentina que puxo a bailar a xeracións enteiras chega dentro do programa das festas de San Xoán cunha xira conmemorativa do seu 30 aniversario para cantar, saltar e vivir unha noite inesquecible a partir da 1.30 da madrugada. Os próximos concertos máis destacados inclúen actuacións o 2 de xullo en Bilbao (Santana 27), 3 de xullo en Barcelona (Sala Razzmatazz) e o 21 de agosto en Madrid. En Asturias, Ourense, Pontevedra, Mallorca ou Canarias tamén está confirmada a súa actuaciín este verán.

O vocalista principal da banda, Ariel Puchetta, concedeu unha entrevista en exclusiva a Novahit radio na mañá deste venres. Ariel, cantante de música tropical, fundador e vocalista da agrupación desde o ano 1994 falou de moitas cousas co director de Novahit, Frisco Taibo.

Ariel Puchetta, nun momento da entrevista en directo realizada este venres por Frisco Taibo no estudo 3 de Novahit radio.

-Historia-

Durante o período de 2009 ata 2017, Ariel deixa Ráfaga, e retoma no ano 2018.

Durante a súa primeira etapa en Ráfaga, Ariel foi protagonista dun fenómeno masivo que incluíu discos como “Soplando fuerte” e “Un fenómeno natural”, con cancións que se volveron clásicos como “La luna y tú”, “Una ráfaga de amor”, “No te vayas” e “Agüita”. Con ese repertorio, Ráfaga non só liderou a escena tropical arxentina, senón que tamén realizou xiras por toda América Latina e Europa, consolidándose como un fenómeno global.

En 2003, no medio do desgaste do éxito e diferenzas internas, Puchetta decidiu deixar Ráfaga. Durante esa etapa formou o grupo “La Otra Dimensión” con exintegrantes como Maury Juárez e Sergio Aranda. Con esta formación mantivo a súa vixencia dentro do circuíto tropical, aínda que cunha proxección máis moderada, enfocándose na música desde unha perspectiva máis íntima e con maior control artístico.

Despois de máis dunha década, en 2018 Ariel regresou a Ráfaga, reabrindo unha etapa que combinou nostalxia, renovación e proxección internacional. O retorno foi celebrado polo público e revitalizou á banda, que lanzou novas versións dos seus clásicos e o disco dobre “Ráfaga, o regreso” en 2019. Baixo o seu liderado, Ráfaga volveu virar por América e Europa, e durante a pandemia souberon adaptarse a formatos virtuais sen perder conexión co seu público.

Ariel Puchetta é un referente absoluto da cumbia arxentina, cunha carreira que reflicte evolución, permanencia e paixón pola música tropical. A súa voz é sinónimo do son de Ráfaga, e a súa figura segue sendo central na cultura popular do continente.

En 2026 participa no programa Master Chef Celebrity de Telefé. Agora vive un dos mellores momentos onda a súa familia e ao éxito irrenunciable de Ráfaga.