Carballo presenta “Noroeste 0 emisións”; un encontro para impulsar modelos de enerxía sostible en toda a comarca

5 minutes read

O edificio Fórum Carballo acolleu esta tarde a presentación oficial de Noroeste 0 Emisións, un encontro que se celebra os días 3, 4 e 5 de xuño e que converterá a Carballo nun punto de referencia para o debate arredor da mobilidade sostible, a eficiencia enerxética e a innovación como eixos clave do desevolvemento.


O acto de presentación do cartel contou coa participación do Alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o Presidente de AXOBER, Diego Iglesias; e o Presidente da Asociación Slowlight, Coque Alcázar, quen puxeron en valor a importancia de xerar espazos de encontro entre empresas, administracións e profesionais para avanzar cara a un modelo económico máis sostible e competitivo.


Noroeste 0 Emisións reunirá a axentes clave do territorio para abordar cuestións estratéxicas como a transición enerxética, os novos modelos de mobilidade e o impacto da innovación no tecido empresarial”, sinalou Diego Iglesias, Presidente de AXOBER, durante a presentación.


Daniel Pérez, Alcalde de Carballo, indicou que “con este encontro, Carballo amosa un compromiso firme co futuro e sitúase á vangarda do debate sobre a transición enerxética. Non se trata só de falar de sustentabilidade, senón de xuntar o tecido empresarial, os expertos e os nosos veciños e veciñas para buscar solucións reais e aplicables na nosa contorna.


Pola súa banda, Coque Alcázar, Presidente da Asociación Slowlight, indicou que este evento nace co obxectivo de favorecer o intercambio de coñecemento, impulsar sinerxías e promover iniciativas que contribúan á redución de emisións e á mellora da eficiencia nos diferentes sectores produtivos.


A iniciativa está organizada por AXOBER, coa colaboración do Concello de Carballo, Energal, Slowlight e a Deputación da Coruña. Este é un evento aberto a toda a veciñanza e as persoas interesadas poden facer a inscricións no bloque que o desexe a través de axober.org.


PROGRAMA
Mércores, 3 de xuño
10:00 h. Inauguración a cargo de:

  • Alcalde de Carballo, Daniel Pérez
  • Presidente de Axober, Diego Iglesias
    Bergantiños, Boas Noites: A noite como motor de territorio, cultura, turismo e economía local
    10:30 h: 1ª Ponencia: Bergantiños, Boas Noites – “A noite que temos e a noite que merecemos”
  • Coque Alcázar, Enxeñeiro Industrial, experto en iluminación pública responsable. Divulgador. Co-autor e Presidente da Asociación Slowlight
    10:50 h: 2ª Ponencia: “Urbanismo consilente e iluminación artificial calmada”
  • Pedro Calaza, Presidente da Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos
    11:10 h: 3ª Ponencia: “Ecodiseño aplicado á iluminación e espazo público“.
  • Iago Martínez Garrido. EDIGAL.
    11:30 – 12:00 h: Pausa café
    12:00 h: 4ª ponencia: “Espazos que cuidan. Outra mirada sobre os espazos urbans nocturnos”
  • José Manuel Pérez, director de COP4 y experto en Urb. con perspectiva de Xénero.
    12:30 h: 5ª Ponencia: “Turismo nocturno experiencial y astronómico: claves do seu presente e
    futuro na Comarca de Bergantiños”
  • Lanzada Calatayud, experta en turismo sostible.
    13:00 h: Mesa redonda: Tecnoloxías, estratexias y accións para mellorar a calidade do Ceo nocturno na comarca de Bergantiños.
  • Modera: Oscar Lodeiro, experto en iluminación responsable e colaborador Slowlight
  • Lucía Giráldez Costas, Divulgadora científica. Licenciada en Historia da Arte e Máster en Dirección e planificación do turismo pola USC. Calidade do Ceo.
  • Víctor Tilve Rúa. Profesor-tutor CA Pontevedra, divulgador científico. Licenciatura e Máster en Matemáticas. (USC).
  • Representante de ASINEC (Asociación Provincial de Industriales Electricistas y de
    Telecomunicaciones de A Coruña).
  • Representante de Asociación de Empresarios AXOBER.
    Mobilidade eficiente e sostible: Cero Emisións
    Modera: Marcos Díaz (Tesoureiro AXOBER)
    16:30 h. 6º Ponencia
  • Carlos Carmona (director comercial de QWELLO España)
    17:00 h. 7º PonenciaA: “Multi enerxía Estacions de Servizo Repsol (Combustibles Renovables)”
  • Ana María Ramos López (Responsable de Optimización Experiencia Punto de Venta)
    17:30 h. Mesa Redonda: “Actualización en vehículo eléctrico”
  • Concesionarios participantes
    Xoves, 4 de xuño
    Slowlight kids
    10:00 h: Presentación do programa
    10:15 h: Taller “ A noite”. Luz, biodiversidae e contaminación luminosa.
    11:00 h: Pausa
    11:30 horas: Taller “LightArt HUB”. Creatividade con luz, cor e sombras.
    Taller Slowlight “Light Painting”
    16:00 h / 18:00 h: Taller “Light Painting”, dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 19 anos. Participarán nunha experiencia lightpaintg que fusiona o uso creativo da luz en movemento e a fotografía de larga exposición para xerar dibuxos únicos ca luz e a cor que se descubren unha vez rematada a fotografía. Aprenderán a alterar as suas propias fotografías com luz, creando efectos sorprendentes e únicos.
    “A Noite das Cores: Paseo nocturno interactivo”
    22:00 h.: “A Noite das Cores-Carballo”: Un paseo nocturno dunha hora estimada de duración noque os participantes recorren en grupo o centro da cidade acompañados dun guía, equipados con linternas técnicas capaces de xerar color e regular a intensidade da luz, para transformar dun modo efímerto e creativo algúns lugares da sua paisaxe nocturna cotidiá, deixando captada a sua creatividade en fotografías únicas.
    Venres, 5 de xuño
    Edificiencia Enerxética. A gran asignatura pendente
    Modera: José Bello (CEO Energal e Vicepresidente de Slowlight)
    09:30 h: 1ª Ponencia: “Los CAES e como monetizar o esforzo inversos en medidas de aforro e
    eficiencia enerxética MAES”
  • José Ángel Abad. Xefe da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA.
    10:00 h: 2ª Ponencia. “Contratos ESE, a fórmula máis innovadora de xestión energética para todo tipo de organizaciones públicas e privadas”
  • Iván Andrade. Director Técnico de ENERGAL SL. Delegado en Galicia e membro da xunta directiva da Asociación Nacional de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E)
    10:30 h. 3ª Ponencia: “Casos de éxito na xestión de contratos de Servizos Enerxéticos, incluindo a tramitación dos CAES”
  • Álvaro Piñeiro. Xerente de Ferrovial SA para Galicia e Asturias. Experto en xestión de contratos de servicios energéticos.
    11:00 h 4ª Ponencia: “O mercado enerxético OMIE. Como funciona e que actores interveñen nel”
  • Xosé Manuel Golpe. Presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas (AGACEN). Deputado Autonómico e membro da comisión de enerxía. Técnico de enerxía da Deputación Provincial da Coruña.
    11:30 h . Pausa Café
    12:00 h. 5ª Ponencia: “A comunicación 4.0 da enerxía, sistemas de control e telexestión e a democratización dos datos”
  • Alfonso Sánchez. Director de grandes contas e contas estratéxicas da compañía INELCOM. Experto en sistemas de comunicación e telexestión nos contratos de servizos enerxéticos.
    12:30 h. 6ª Ponencia: “A rehabilitación enerxética do sector residencial en España: a gran asignatura pendente”
  • Miguel Ángel Zamorano. Director Comercial España da compañía IMESAPI. Experto en Rehabilitación Enerxética dos edificios.
    13:00 h. Peche de NOROESTE CERO EMISIÓNS a cargo de
  • Daniel Pérez, Alcalde de Carballo
  • Diego Iglesias, Presidente de AXOBER
    Ao longo dos tres días, haberá nos exteriores do edificio Fórum Carballo unha exposición de vehículos eléctricos de diferentes marcas.