Para colaborar con esta necesidade a Concelleiría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, puxo en marcha desde o día 23 e ata o final das festas o Punto Morado, donde o persoal do vehículo municipal estará dispoñible para ofrecer axuda inmediata.
Presta servizo de atención prioritaria ante violencias machistas e agresións sexuais: Espazo seguro, confidencial e de apoio directo, prevención de submisión química: Grazas á colaboración da Asociación Vieiro, que se suma á campaña municipal, distribuiranse cubrevasos protectores para garantir un ocio máis seguro e atención ante delitos de odio e situacións de vulnerabilidade.
Ademáis é un punto de seguridade para menores de idade: Se un/ha adolescente queda só/soa na festa, pode achegarse ao vehículo. Alí ofreceráselle acompañamento e protección ata que a súa familia veña recollelo/a.
Ofrece carga de móbil gratuíta: Un servizo para a mocidade co obxectivo de evitar que ninguén quede incomunicado/a ou en situación de risco.
Información e recursos: Orientación sobre todas as ferramentas dispoñibles contra a violencia de xénero. Coordinación directa coas forzas de seguridade e servizo de primeiros auxilios básicos.
O dispositivo traballa tamén de xeito coordinado recibindo ás usuarias derivadas polas forzas de seguridade ou o propio persoal do dispositivo xeral da festa.