Este 25 de maio de 2026 comeza oficialmente o proceso electoral da A.D. Fogar da Xuventude para o período 2026-2030, coa apertura do prazo de presentarción de candidaturas atendendo aos seguintes puntos.
- Prazo de presentación: Do 25 de maio ao 7 de xuño de 2026 (ambos incluídos).
- Vía de entrega: Mediante escrito dirixido á Xunta Xestora a través do correo electrónico do club info@adfogar.com
- Composición obrigatoria: Mínimo de 5 persoas aspirantes cos seus nomes, apelidos e DNIs.
- Presidente/a.
Secretario/a e Vicepresidente/a 1º/1ª.
Tesoureiro/a e Vicepresidente/a 2º/2ª. - 2 Vogais
Requisitos dos candidatos segundo os estatutos.
- Para o cargo de Presidente/a é obrigatorio ser persoa socia de número e ter unha antigüidade mínima de dous anos no club.
- As persoas membros da Xunta Directiva son designadas libremente pola persoa presidente non sendo necesario ser socio-a do club, pero si ser maior de idade e con plena capacidade de obrar. Compre sinalar que todos os cargos de goberno e representación son estritamente gratuítos e polo tanto carecen de interese nos resultados económicos da entidade.
ORGANOS DE REPRESENTACION E GOBERNO:
Artigo 9º.- Son Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e o Presidente.
Artigo 10º.- O Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.
O presidente terá a potestade de delegar noutra persoa da xunta directiva a realización de certas tarefas que lle corresponderían en virtude do seu cargo, ou a asistencia a determinados actos en representación da AGRUPACION DEPORTIVA “FOGAR DA XUVENTUDE”, así como a asistencia a Asembleas ou Asembleas Federativas.
O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.
Será elixido mediante sufraxio libre, directo, e secreto por entre os membros da Asemblea Xeral, cada catro anos.
Para poder optar ao cargo de Presidente, é obrigatorio ser socio de número e ter unha antigüidade mínima no Club de dous anos.
Artigo 12º.-
1.- Como órgano complementario dos de goberno e representación haberá unha xunta directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que estes estatutos lle confiren.
2.- Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario, un tesoureiro, e un mínimo de dous vogais. Tódolos cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.
Para ser membro da Xunta Directiva non é preciso ser socio do Club, se ben deberá ser maior de idade, con plena capacidade de obrar.