Este sábado 11 de maio terá lugar un novo acto conmemorativo do 160 aniversario do nacemento do escritor e xurista, ideólogo do rexionalismo galego, D. Alfredo Brañas Menéndez. Unha das figuras craves da historia política, literaria e xornalística de Galicia. A cita terá un marcado carácter musical e será a partir das 8 da tarde no auditorio carballés do Pazo da Cultura. Baixo o título de «Alfredo Brañas unha memoria viva» terá lugar a presentación do seu poema musical «A véspera de San Xoán». A interpretación correrá a cargo do veterano gupo carballés Xocaloma e a participación especial do cantautor Miro Casabella.