Cortes programados no subministro eléctrico en Carballo este mércores e venres

1 minutes read

Desde Unión Fenosa Distribución informan de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico en Carballo os días 18 e 20 de marzo de 2026, debido a traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica. Figuran como zonas afectadas as rúas Cobre, Ferro, Prata e Mirón, no Polígono de Bértoa. As rúas Barcelona, Fiúnchos, Fomento, Luis Calvo, Saúde, Tarragona e Praza da Cruz Vermella. O Monte – Carballo. Avenida de Razo, estrada de Razo, rúas Marte, Venus e Vellamorta. Tamén as rúas Manuel María e Vicente Risco, así como rúas Alfredo Brañas, Xúpiter, Laracha, Mendel, Muíño, Saturno e Praza de Vigo, entre outras.

18 de marzo

De 00:00 a 02:00 horas

Zonas afectadas: rúas Bronce, Lousa e Titanio (polígono de Bértoa)

De 02:00 a 03:00 horas

Zonas afectadas: rúas Barcelona, Fiunchos, Fomento, Luis Calvo, Saúde, Tarragona e Praza Cruz Vermella

De 03:00 a 04:00 horas

Zonas afectadas: Avenida de Razo, estrada de Razo, rúas Marte, Venus e Vellamorta

20 de marzo

De 00:30 a 01:00 horas

Zonas afectadas: rúas Manuel María e Vicente Risco

De 02:00 a 02:30 horas

Zonas afectadas: rúas Seixo e Titanio (polígono de Bértoa)

De 04:00 a 04:30 horas

Zonas afectadas: avenida de Razo e Grupo Ferreiro

De 04:30 a 05:00 horas

Zonas afectadas: rúas Alfredo Brañas, Xúpiter, Laracha, Mendel, Muíño, Saturno e Praza de Vigo

Estes traballos poden provocar interrupcións temporais no subministro eléctrico durante os horarios indicados.

Para máis información: 900 333 999