Denuncian o roubo dun soplador do servizo de limpeza viaria de Aspaber na rúa Estrela de Carballo

1 minutes read

O Concello de Carballo compartía este domingo coa veciñanza un feito lamentable que tivo lugar na rúa Estrela. Mentres o operario do servizo de limpeza viaria —pertencente ao centro especial de emprego Aspaber— realizaba as súas tarefas, alguén marchou cun soprador como o que vedes na imaxe.

Máis alá do valor material do equipo, este tipo de actos teñen un impacto directo na veciñanza por varias razóns:

• Afecta a persoas vulnerables: Aspaber realiza un labor de inclusión social e laboral imprescindible. Roubarlle o material de traballo a un dos seus operarios é poñer atrancos ao esforzo diario dun traballador que só busca cumprir coas súas obrigas.

• Dana o servizo público: As ferramentas de limpeza son as que permiten que as nosas rúas estean limpas e coidadas. Sen elas, o traballo é máis lento e prexudícase a toda a cidadanía.

• Falta de civismo: O respecto polo espazo público e polas persoas que o coidan é a base dunha convivencia sa.

Se viches algo sospeitoso hoxe na zona da rúa Estrela ou tes algunha información sobre o paradoiro do soprador, ponte en contacto coa Policía Local 📞 092 – 981 701 722.

Entre todos e todas construímos un municipio máis limpo, pero sobre todo, máis xusto e respectuoso. Moitas grazas pola vosa colaboración.