Destacada participación en Malpica na XXXVIII Regata Illas Sisargas

0 minutes read

Malpica acolleu este sábado a XXXVIII Regata Illas Sisargas que reuniu unha destacada participación nas súas dúas categorías. A regata forma parte dunha histórica proba náutica vinculada ao percorrido entre A Coruña e Malpica. Ao remate da competición,os gañadores recibiron como trofeo pezas da tradicional Olería de Buño, un dos sinais de identidade artesanal mais recoñecido do concello e da comarca.

Os gañadores:

Categoría I

Gómez Mosly — Andrés Soto Núñez

Figaro LV — Jesús Pintos Ager

Carpancho VI — Jaime Araújo Pérez

Categoría II

Golafre II — Benito Calvo Castro

Salao III — David Rivero Martínez