0
Un home de 54 anos morreu tras un altercado de tráfico producido este domingo na autovía A-55, en Mos, e a Garda Civil procedeu este luns á detención doutro home en relación con ese falecemento.
Segundo fontes do 112 Galicia foron varios os particulares os que alertaron solicitando a intervención das forzas da orde ao presenciar unha posible liorta entre ocupantes de dous coches, que estaban na beiravía á altura do quilómetro 10 da A-55.
Tras o incidente, a vítima foi trasladada aínda con vida ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde acabou falecendo.
A Garda Civil investiga esta morte e polo momento agardase o resultado da autopsia para concretar se está directamente relacionada coa liorta entre os dous homes.
