Víctor Nieto Martínez tomou posesión como novo policía local de Carballo, continuando así unha tradición familiar de servizo público. É fillo do tamén policía Víctor Nieto Cerdán e neto de Justo Martínez, antigo traballador do Concello de Carballo.
Víctor é policía local desde o ano pasado e, desde outubro, estaba exercendo como axente en Santiago. O seu traslado a Carballo foi posible grazas á permuta con Eduardo Castro Pardo, quen desempeñaba o seu labor como policía en Carballo desde comezos de 2024.
Desde o Concello agradécenlle a Eduardo Castro Pardo os servizos prestados e deséxanlle o mellor nesta nova etapa.
Con esta permuta, ambos os dous axentes achéganse aos seus fogares, algo que sempre é unha boa nova tanto a nivel profesional como persoal.