0
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisará ás dez e media da mañá as obras de mellora de firme na estrada AC-552. O punto elixido foi a zona da Lagoa.
Dúas horas e media máis tarde, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitará a casa consistorial da Laracha para comprobar as melloras feitas co apoio da Xunta a través da convocatoria para proxectos municipais de carácter estratéxico.
