A Consellería do Medio Rural informaba na mañán deste domingo da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas.
Activo Laxe-Nande
Estaba activo, desde as 21.55 horas deste sábado, un lume no concello de Laxe, parroquia de Nande, que segundo as últimas estimacións provisionais roldaba as 100 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 2 técnicos, 13 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 4 pas e 2 unidades técnicas de apoio.
Activo Vimianzo-Salto
Estaba tamén activo, desde as 20.16 horas deste sábado, un incendio no municipio de Vimianzo, parroquia de Salto. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectaba arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 7 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 unidade técnica de apoio.