As persoas rescatadas foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de hipotermia.
O 112 Galicia recibiu o aviso dunha persoa particular ás 8:40 horas deste domingo. Segundo relatou, fumegaba unha lacha rápida a uns 300 metros da Praia do Medio, en Punta Balea, Cangas. Despois, a embarcación comezou a afundirse. Na auga, había dúas persoas.
Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia dirixiuse a Salvamento Marítimo, que xa coñecía o suceso e estaba a preparar o operativo de rescate. Tamén avisaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e aos efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Foi, precisamente, unha dotación da Garda Civil a bordo dunha embarcación quen recolleu as persoas, gorecidas nunhas rochas. Camiño do Porto do Berbés, os axentes solicitaron asistencia médica, pois as afectadas presentaban síntomas de hipotermia. Pouco despois, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Pola súa parte, os membros do Servizo de Gardacostas de Galicia aseguraron que a lancha foise completamente a pique con combustible no depósito, máis, de momento, non se aprecia contaminación.
