0
O conxunto canario presentouse moi enchufado nun inicio de partido cunha garra de a gol por minuto e unha defensa moi pechada. Máis de seis minutos tardou o Calvo Xiria en marcar un gol, tras fallar un tiro libre dende os sete metros. Aínda así foi quen de desequilibrar o xogo do conxunto canario no ecuador da primeira metade e poñerse por diante, 6-5, e chegar ao descanso máis catro, 15-11. Tras a reanudación volveu a centrarse no seu mellor xogo o Landbit sendo quen de igualar a contenda remontando a falta de dez minutos, 21-23. Na recta final o Calvo Xiria xa non sería capaz de igualar a contenda contra un dos grandes da categoría, acabando sucumbindo por tan só dous tantos de diferenza, 25-27.