A primeira Xornada Gastronómica arrincou en Casa Antonio con moi bo sabor de boca, nunha iniciativa organizada pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Malpica para poñer en valor a gastronomía e apoiar a hostalería local. Os asistentes puideron gozar dun menú degustación que combinou tradición, innovación e produtos de calidade, con propostas para todos os gustos:
Sabores do mar, con zamburiñas ao forno en diferentes preparacións, saquiños de zamburiñas e merluza rechea de langostinos e verdura. Sabores da terra, con muslo de polo recheo e sorprendentes rollitos de repolo. Arroces no seu punto, con risoto de setas e risoto de gambas e calamares.
Desde o Concello quixeron agradecer a Casa Antonio o seu excelente traballo e dedicación, así como a todas as persoas que participaron nesta primeira xornada e contribuíron a facer dela unha experiencia gastronómica única e de éxito. «Apostar pola nosa hostalería é apostar polo produto local, polo talento dos nosos profesionais e polo futuro» é apostar por Malpica. «E isto só acaba de comezar. Aínda quedan máis citas gastronómicas por diante. Non perdas a oportunidade de descubrir e saborear todo o que ofrece a hostalería local de Malpica», concluíron.
