Extraordinaria acollida en Vimianzo a unha nova cita de Escora Danza

1 minutes read

Escora volveu en xuño á Costa da Morte, celebrando a súa quinta edición. Un proxecto que achega a danza contemporánea e as artes vivas a contextos e comunidades diversas nos concellos, como foi este caso en Vimianzo, ofrecendo unha programación pensada para a paisaxe, de carácter interxeneracional e composta por artistas e compañías galegas.

A emoción dos coros parroquiais de Cereixo e Carnés, acompañados pola danza de Eva Comesaña, emocionaron ao público este sábado nun fermoso encontro entre tradición e creación contemporánea.

A xornada completouse co espectáculo Ma p’tite dame, da artista francesa Claire Heggen, referente internacional das artes do movemento cunha traxectoria de máis de 50 anos.

Dende o Concello de Vimianzo quixeron felicitar o talento local e agradecer a Escora Danza que volvese escoller o municipio para formar parte deste extraordinario proxecto, así como a Cultura da Deputación da Coruña por facelo posible.