Atl. Matamá, Victoria F.C., E.F.F. Rosalía, Sárdoma C.F., Orzán S.D., S.C.D.R. Narón O Freixo, Atlético Arousana e Victoria C.F loitarán polo título
As Eiroas acolle este sábado, organizada polo Bergantiños e a Federación Galega de Fútbol, a fase final da III Copa Gallaecia de fútbol feminino infantil.
Na presentación do torneo participaron o presidente do Bergantiños-Escolas Luis Calvo, Luciano Calvo; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e as xogadoras do Real Club Deportivo da Coruña Abanca feminino Gabriela García, Michelle Romero e Kika Moreno.