Trátase de dúas peregrinas portuguesas que foron atropeladas este venres en Santiago por un condutor que perdeu o control do seu vehículo e que invadiu a beirarrúa en que se encontraban as dúas vítimas. O sinistro produciuse contra as 9:10 da mañá, na rúa Rosalía de Castro, cando o condutor, de 82 anos, circulaba en dirección saída da cidade. De improviso desviouse da marcha e subiu á beirarrúa, onde estaban as dúas mulleres, ás que levou por diante. Ambas foron atendidas no lugar do sinistro e trasladadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O condutor tamén foi trasladado ao centro hospitalario, atendido por un ataque de ansiedade. Investígase se antes do sinistro puido sufrir un esvaecemento.
0