Ferido o condutor dun turismo que derribou o muro dunha vivenda en Ardaña, Carballo

1 minutes read
Estado do turismo tras o sinistro. _dpm.

Pasaban uns minutos das dez e media da noite deste martes cando o 112 Emerxencias Galicia mobilizaba aos servizos de emerxencia pon unha saída de vía dun turismo Renault preto do quilómetro dous da estrada DP-1914 que une Carballo con Portomouro, á altura do lugar de Vivente, correspondente á parroquia carballesa de Ardaña.

No turismo implicado viaxaba unha soa persoa, un varón que resultou ferido e tivo que ser trasladado para serlle prestada atención médica. O coche circulaba de Carballo hacia Santiago e por causas que se investigan saíuse da vía polo seu marxe esquerdo por unha posible derrapaxe, impactando e derrubando o muro de peche dunha vivenda coa súa parte traseira.

Ao lugar acudían os servizos de urxencias do 061 así como unha patrulla da Policía Local de Carballo, que foi a encargada de regular o tráfico na vía, debido a que o turismo sinistrado ocupaba totalmente o carril de circulación sentido Carballo. Cabe reseñar que nese punto a velocidade está limitada a 50 quilómetros por hora.