Homenaxean aos exalcaldes de Laxe e Carballo

1 minutes read

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, aproveitou a última reunión da directiva deste ano 2019 para render un homenaxe aos primeiros alcaldes populares da Democracia, e aos alcaldes falecidos nos últimos anos.

O acto contou coa presencia de Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial Diego Calvo, lembrou, en primeiro lugar aos alcaldes falecidos o ano pasado e aproveitou para recoñecer o traballo desempeñado por moitas das mulleres que forman parte da familia do PP.

Rexedores de Carballo e Laxe

Manuel Varela Rey foi alcalde en Carballo dende 1991 e ata o ano 2003. Nese tempo, alcanzou tres maiorías absolutas consecutivas.

Antonio Castro Lema foi alcalde de Laxe durante a transición democrática. Presentouse ás primeiras eleccións locais de 1979, empezando a súa andaina política como alcalde do Concello de Laxe ata o 1999.