Interceptado en Camariñas un ciclista que cuadruplicaba a taxa de alcol permitida

1 minutes read

O destacamento de Tráfico de Corcubión, pertencente ao Subsector da Garda Civil da Coruña, interceptou e sancionou un ciclista que multiplicaba por catro o límite de alcol permitido en Camariñas.

Foi unha das intervencións máis temperás e atípicas da actual campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, xa que se produciu apenas cinco minutos despois de que botara a andar en todo o territorio.

A patrulla parou o home ás 00:05 horas na parroquia da Ponte do Porto, no punto quilométrico 0,300 da estrada DP-1603. Tras observar indicios evidentes de que se atopaba baixo os efectos do alcol, os axentes fixéronlle os test regulamentarios.

Os resultados en aire expirado confirmaron unha intoxicación severa do condutor, que cirbulaba só. Na primeira proba deu 0,94 miligramos por litro e na segunda, 1,04 mg/l.