Koke Sáiz incorpórase ás filas do Bergantiños FC

0 minutes read

O extremo zurdo de 24 anos, Koke Sáiz, convértese na segunda fichaxe deste verán do Bergantiños FC. Formado nas categorías inferiores do Valencia CF e do Levante UD, Koke seguiu a súa carreira no CD Castellón durante catro tempadas onde chegou a debutar en #SegundaDivisión. A partir de aí, disputou 19 encontros en Primeira RFEF co CD Alcoyano. Nos últimos tres anos xogou no Torrent CF e na UD Alzira. Agora inicia a súa aventura galega en Carballo con moita forza e ilusión.