O home foi localizado consciente, tirado nunha zona de monte, polos voluntarios de Protección Civil de Carnota. Os servizos sanitarios encárganse do seu traslado ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee.
A Unidade Operativo de Drons do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega incorporabase ao operativo de busca dun octoxenario que faltaba da súa casa desde a mañá do domingo. Foi un familiar quen chamou ao 112 Galicia sobre as 14 horas para explicar que saíra dar un paseo pola zona de Caldebarcos, en San Mamede (Carnota) e que non regresara.
De inmediato, informouse aos axentes da Garda Civil, que coordinan o operativo, ao GES de Muros, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Carnota, que finalmente o atoparon con vida.
