Desde o 1 de marzo de 2026 UTE SIAD24-Asistenzia é a entidade que xestiona o Servizo de Axuda no Fogar de Carballo, logo da conclusión do contrato por parte da outra concesionaria denominada Fepas, que deixaba unha coordinación de prestación do servizo bastante mellorable.
Este venres moitos domicilios convertíanse nun val de lagrimas entre as despedidas de traballadoras, usuarios dependentes e as súas familias, coa incógnita de que tipo de atención recibirán o próximo luns día 8 co novo persoal asignado. Este día foi o anunciado por SIAD-24 en consenso co equipo técnico municipal do concello para o que definen como «mellora da eficiencia do servizo para a poboación de Carballo».
Non se pode poñer en dúbida, de momento, que isto sexa así, pero todo apunta a que o beneficio do cambio non vai a favor dos enfermos, maiores ou dependentes, quenes van a ver como tras varios meses ou incluso máis de tres anos eran atendidos pola mesma persoa coidadora que os aseaba, lles daba de comer, lles daba a medicación e compartían unha confianza con eles e coas súas familias desde moito tempo atrás.
A empresa emitía un comunicado ás familias este venres pasadas as tres da tarde no que informaba de que «antes do día 5 de xuño, a súa coordinadora de referencia comunicaralle qué adaptacións se aplicarán no seu caso concreto». Bueno, pois antes do día 5 de xuño non foi, senón que foi este día 5 á última hora.
Nesta situación os cambios estructurais que a empresa pon en marcha e que non se dubida que sexan legais, cando menos son pouco éticos e como decimos, os usuarios e as súas familias van a ser os menos beneficiados, tendo que sufrir unha adaptación ao novo persoal que a empresa lles asigne, tocando en profundidade a intimidade dos dependentes e as súas costumes.