Malpica remata a reforma do Campo da Festa e do parque de Santirso

1 minutes read

O Concello de Malpica de Bergantiños vén de rematar as obras de rehabilitación do parque e da mellora do espazo do Campo da Festa de Santirso, unha actuación destinada a renovar e poñer en valor este espazo público para o desfrute de toda a veciñanza.

Con esta intervención, Santirso conta agora cun espazo renovado, máis coidado e acondicionado, pensado para favorecer a convivencia, o lecer e o encontro entre veciños e veciñas, así como para que os máis pequenos poidan desfrutar do parque.

O Concello investiu un total de 49.997,54 no proxecto a acadou una subvención 34.998,28 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

Esta actuación foi posible grazas á liña de axudas para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados aos servizos municipais 2026

Segundo o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o obxectivo é continuar «traballando para mellorar os espazos públicos das parroquias e dotar o noso municipio de instalacións máis modernas, funcionais e adaptadas ás necesidades da veciñanza».