Maxia e música no Castelo de Vimianzo

1 minutes read

O castelo de Vimianzo, tamén chamado torres de Martelo, fortificación de orixe medieval situada na entrada da vila de Vimianzo, acolle numerosas actividades de primeiro nivel programadas polo Concello: mostra de artesanía popular, maxia, música, etc.

Para mostra, o alumnado do CEIP San Vicenzo gozou este xoves dun espectáculo de maxia e ilusionismo da man de Samuel Moreno, no patio de armas desta fortaleza. Unha experiencia chea de sorpresa e diversión para achegar as novas xeracións ao patrimonio a través da cultura e das artes escénicas.

A música chegará este domingo, 25 de outubro, ás 17:00 horas, co concerto de Elsa Muñiz e co seu espectáculo Pianotelling: música e historias ao piano. Unha proposta para deixarse levar pola música e polas palabras nun espazo emblemático do noso patrimonio, nun encontro entre a creación artística e a historia. A entrada será gratuíta ata completar aforo, e en caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio de Vimianzo.

Ambas actividades enmárcanse nas Xornadas Europeas do Patrimonio, impulsadas pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Vimianzo.