Medio Rural informou de que quedou extinguido o lume forestal que afectou aos concellos de Vimianzo e Laxe

1 minutes read

Ás 14.00 horas deste martes quedou extinguido o incendio rexistrado nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se fusionou, como un único lume, tras unirse os iniciados na parroquia de Salto, en Vimianzo, ás 20.16 horas do sábado, e na de Nande, en Laxe, ás 21.55 horas dese mesmo día.

Este lume afectou finalmente unha superficie total de 228,58 hectáreas, das cales 177,8 foron de monte arborado e as restantes 50,78 de raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado e conxunto, 4 técnicos, 56 axentes, 69 brigadas, 62 motobombas, 5 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 1 avión.