A portavoz nacional e candidata á presidencia da Xunta polo BNG nas eleccións do 12X, Ana Pontón, acude hoxe mércores ás 20:30 horas a un mitin de campaña que terá lugar na Praza do Concello de Carballo. Pontón está máis preto que nunca de ser a primeira muller presidenta da Xunta de Galicia. Todas as enquisas vaticinan unha subida espectacular da formación nacionalista, podendo incluso chegar a ser a segunda forza máis votada o vindeiro día 12. Históricos membros do BNG como Mini Rivas ou o propio alcalde da vila, Evencio Ferrero, entre outros, forman cartel de intervención na cita desta tarde.