O ex-vicepresidente do Goberno e ex-secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, faleceu hoxe, aos 67 anos, a causa do ictus que sufriu este mércores, segundo comunicou Gregorio Martínez, voceiro da familia.
A capela ardente do político socialista instalarase esta tarde ás 20:30 horas no Congreso dos Deputados.
Á porta do Hospital Puerta de Hierro de Majadahonda (Madrid), Martínez agradeceu, en nome da súa dona, Pilar Goya, do conxunto da súa familia, dos seus compañeiros da universidade, dos seus alumnos e do conxunto da familia socialista, as mostras de respeto e de afecto que tivo ao longo dos dous últimos días.
Do mesmo xeito, Martínez, quen foi xefe de Gabinete de Rubalcaba na súa etapa no Ministerio do Interior, agradeceu a todo o equipo do hospital as súas atencións, dedicación e a súa profesionalidade no trato que lle deron ao político falecido durante os dous días de ingreso.
“Agradezo o trato que dispensaron os medios de comunicación estes días. En nome da familia, grazas”, concluíu.