Morre un home de 82 anos en Bértoa, Carballo, tras cortar unha perna cunha rozadora

0 minutes read

Un veciño de Carballo de 82 anos faleceu este luns ao cortar unha perna cunha rozadora mentres limpaba unha das súas leiras. O suceso ocorreu no mediodía deste luns no lugar de Leboreo, correspondente á parroquia de Bértoa. Ata o lugar acudiron sanitarios do centro médico de Carballo e unha ambulancia medicalizada, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida ao accidentado.