Morre un mozo de Carballo de 19 anos tras saírse da vía coa moto que conducía pola AC-429, entre Cabana e Laxe

0 minutes read

Ao parecer o mozo viaxaba en grupo con outros motoristas, e por causas que se investigan, saíuse da vía e foi chocar contra unha papeleira no Alto do Taboído, na parroquia cabanesa de Cánduas, xa preto de Laxe. O sinistro comunicábase ás 13:09 da tarde deste sábado. O 112 Emerxencias Galicia coordinaba o envío de medios de auxilio, GES de Ponteceso, Urxencias Sanitarias-061 e Policía Local de Laxe. Tráfico da Garda Civil e Atestados, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida ao mozo motorista.