Morre unha anciá en Barbadás atropelada por un condutor cegado polo sol

1 minutes read
Ambulancia medicalizada

Unha muller de 88 anos perdeu a vida este sábado nun atropelo ocorrido na rúa Ermida de Bentraces, no concello de Barbadás. O condutor do coche, veciño do municipio, cegouse co sol e colleu tamén a acompañante da falecida, de 80 anos.

Segundo informaba a Garda Civil de Ourense, o home circulaba en sentido Portugal cando, ás 13:30 horas, perdeu o control do vehículo. Un particular alertou o 112 e as vítimas foron trasladadas ao hospital, onde morreu a maior delas.

Ata o lugar do sinistro achegáronse tamén axentes da Policía Local, persoal sanitario do 061, membros de Protección Civil e do GES de Pereiro. O condutor, único ocupante do turismo, deu negativo na proba de alcol e drogas.