17
Un presunto accidente acabou coa vida dunha muller de 65 anos. Investigase que puido pasar, pero todo indica que un carneiro da súa propiedade golpeouna e faleceu no lugar, na corte familiar situada na parroquia de San Salvador.
O caso é que a atoparon a muller tirada no chan e ao lado estaba o animal con restos de sangue, segundo fontes do Concello. Acudiu a socorrer a vítima o 061, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil tamén se presentou no lugar.
Un falecemento tráxico e inesperado que deixou consternados tanto os veciños como a súa extensa familia.