Muxía, a vila máis bonita do mes segundo a revista National Geographic

1 minutes read
Panorámica de Muxía.

A súa localización sobre unha península fai que o océano teña un papel protagonista na paisaxe. Para contemplar esta posición, unha das opcións é subir ata o Monte Corpiño, desde onde se obtén unha panorámica do núcleo urbano, o Atlántico e boa parte da contorna. Desde as alturas tamén pode distinguirse o faro de Cabo Vilán.

Por isto e moito máis, Muxía foi escollida como a vila máis bonita da xeografía nacional baixo o epígrafe de «destino imprescindible da Costa da Morte», a sección de viaxes da revista National Geographic acaba de dedicarlle o mes de setembro.

Para elo, tamén salienta a súa comuñón co oceáno Atlántico, a mestura de relixión e paganismo do seu santuario e a fusión máxica entre o Camiño de Santiago e un litoral salvaxe sometido ás acometidas da natureza.

Muxía signifícase polas súas pedras, polos seus naufraxios e polo súa contenda co mar. Tamén é o punto máis occidental da península, onde os solpores se volven maxia entre os ronseis que esculpe o océano.

Ao chegar a Punta da Barca, os sentidos afíanse de golpe: é o encontro cun Atlántico primixenio e abafador. Ao redor do santuario barroco —«escenario dunha das romarías máis importantes e vistosas de Galicia», como lembran na web de Turismo de Galicia—, atoparemos as diferentes moles de granito que a tradición católica atribúe aos restos da barca que trouxo á Virxe ata aquí. Do santuario téñense noticias xa como ermida desde os séculos XI e XII e foi reconstruído tras impactar nel un raio e arder no ano 2013.

Ao redor do segundo domingo de setembro ten lugar a famosa Romaría da Virxe da Barca de Muxía, recoñecida como de Interese Turístico Nacional.