Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG de Ponteceso, quere que se respecte o sentir da cidadanía, afirmando non entender cales son as reticencias para que se faga coma o ano pasado, «colocar a bandeira pasado o 28 de xuño e só despois de que protestáramos».
A nacionalista afirma que mentres que hai semanas a bandeira LGBT luce nos balcóns dos Concellos veciños o goberno de Ponteceso parece ter reticencias co uso deste emblema de liberdade, diversidade e respecto, que ata non hai moito tamén xeraba consenso na sociedade en xeral, precisamente a perda dese consenso unánime é síntoma dun retroceso de dereitos e liberdades, e por iso o acto de colocar a bandeira arcoiris non é só un acto simbólico nin decidir non o facer non é unha decisión inócua, senon un paso atrás na defensa dos dereitos e liberdades civís.
De non se chegar colocar a bandeira, este é un exemplo dos numerosos imcumprimentos dos acordos plenarios por parte deste goberno formado polo PP, PG e apoiado por Adiante por Ponteceso, din desde o BNG.
«Exiximos a este goberno municipal que amose o apoio do Concello de Ponteceso ao colectivo LGBT e que dea así cumprimento ao sentir de toda a cidadanía pontecesá que aprobou este moción a través dos seus representantes no pleno.
De igual modo agardamos que pronto se anuncien as actividades programadas a prol da concienciación, visibilización e pola erradicación das desigualdades e das discriminacións sociais do colectivo LGBT», conclúe o BNG.