O concelleiro do BNG no Concello de Coristanco, Enrique X. Serra Cobas, emitía este sábado un comunicado sobre a ‘polémica’ actuación do goberno local en particular, e do Partido Popular en xeral, a cerca da tramitación da subministración de auga potable ao colexio Canosa-Rus.
O suministro de auga potable a un centro educativo é unha das obrigas que ten que proveer o municipio no que se encontra situado o centro escolar.
O Colexio Público de Infantil e Primaria Canosa-Rus, situado no lugar da Braña, na parroquia de Erbecedo de Coristanco, leva moitos anos tendo problemas co suministro de auga potable (entre outras deficiencias que acumula o centro escolar).
Podemos ir atrás no tempo, e recordar que este colexio foi, no seu inicio, pertencente e dependente do concello de Carballo (o seu nome o recorda). Pero tras un deslinde iniciado polo concello de Coristanco (sendo alcalde do PP, Antonio Pensado Plágaro), quedou dentro do termo Municipal de Coristanco.
O obxetivo fundamental era a fábrica de taboleiros de aglomerado (UNEMSA), pero veu co premio dun colexio de Infantil e Primaria, onde máis da metade dos alumnos son veciños de Carballo.
Se temos un colexio en Erbecedo, temos que garantirlle os servizos, como manda a lei, e entre eles está a conexion de auga potable todo o ano, sen cortes e con garantías sanitarias, afirma Enrique. Este aspecto, o do suministro de auga potable, lévase incumprindo en varias ocasións este curso. En setembro do 2025 non chegaba a auga ós pisos de arriba do colexio, polo que os baños desas plantas quedaban fóra de uso co consiguiente problema sanitario. E a auga que chegaba á planta baixa era insuficiente para as necesidades diarias do comedor.
Identificado o problema, había que buscar solución. Sabendo que a traída municipal de Carballo pasa a escasos 300 metros, que a maioría dos alumnos do colexio son de Carballo e que houbo ofrecemento do Concello de Carballo para facer un convenio que facilitara o enganche á rede de auga potable do concello limítrofe. O grupo de governo do concello de Coristanco, co seu alcalde á cabeza e o tenente de alcalde e responsable de obras como brazo executor, decidiron facer un pozo de barreno nos terreos do centro escolar.
A auga que saía do pozo cheiraba, pero ainda así, decidiron conectala ás conduccións do colexio (según decían, para os baños e a limpeza do colexio), pero polas billas dos baños saía esa auga cheirenta e sin ningún control sanitario.
Un mes despois, encargan unha análise desa auga, dando uns resultados que daría para outro relato extenso… (NON POTABLE).
Chegamos a finais de outubro e a decisión que toma o grupo de goberno do concello de Coristanco é esperar a ver si a uga clarea, deixa de cheirar e que se convirta en potable.
Rematou o 2025, estamos a mediados de 2026, finalizando o curso, e o colexio está na mesma situación. Non se solucionou un problema de saúde pública que ninguén querería ter na súa casa, pero nenas, nenos, profesores, persoal do comedor e de limpeza seguen sufrindo este risco saniatrio e recurrindo a auga embotellada no día a día.
Pero, o importante é que non se cree ALARMA SOCIAL… «Quen se colga medallas cando veñen ben dadas, que asuman responsabilidades cando se equivocan», conclúen desde o BNG de Coristanco.