Tanto Arturo Ferraces , na Dirección Deportiva, coma o primeiro adestrador Héctor Méndez , estiveron durante o verán buscando as mellores opcións para lograr un equipo compensado, xoven e dinámico, que desenvolva un xogo alegre e vistoso, duro en defensa e rápido en ataque, con capacidade de alternar varios postos e tendo en conda que a idea é consolidar a permanencia na categoría o antes posible.
Nesta tempada únense xogadores Júnior do Club novamente e Martín García pasa a ocupar fi cha no equipo, no 1º ano sénior. Os xogadores ca canteira que acompañarán ao equipo son: Roi Reguera (2ª tempada) e Darío Tasende (1º tempada). Formar parte da dinámica neste equipo levaraos a sumar experiencia, tendo quie alcanzar o seu obxectivo particular. Tamén formarán parte do equipo, coma vinculados, dous xogadores junior de Basquet Coruña: Anxo Soto e Fer Casariego , que xa son coñecedores da dinámica do equipos dende a pasada campaña.
Deste xeito un novo CALVO BASKET XIRIA 2026/27 , asume un ano máis o seu obxectivo de desfrutar e facer gozar do baloncesto a todos os afeccionados a este deporte.
ERIC DEL CASTILLO (Badalona / 2007) – 1,98m Aleiro con grandes dotes atlética e experiencia na categoria, a pesar da súa idade, procedente da canteira do Juventud. Internacional dende 2023, coa Seleción U17 + U18. Vinculado có Leyma Coruña.
OUWA CAMARA (Mali / 2008) – 2,04m Pivot da selección Sub-19 de Mali (xogou no Afrobasket 2026). De gran embergadura, potente salto e moi dinámico na zona. Será a 3ª tempada en 3ª FEB e formará parte da vinculacion có Leyma Coruña.
SIMON FINDEN (Suecia / 2000) – 1,93m Base de 26 anos con experiencia en categorias de formación suecas. Xogou durante os últimos seis anos no Eskilstuna Basket (Suecia), axundadolles para chegar á fi nal sueca do Superettan.
HECTOR RODRIGUEZ (Granada / 2006) – 2,00m Pivot Granadino de enorme talento e moita mobilidade, cun potente salto e gran embergadura (2,13m). Procedente do Estudiantes de Cartagena (Murcia), onde xogou a súa tempada en 3ªFEB.
NICO FUENTES (Santiago / 2008) – 1,80m Base da canteira do Obradoiro CAB, con gran tewlento e proxeccion futura. Escolleu o Calvo Xiria, polo coñécemento de Héctor Méndez coma adestrador, na súa etapa nas Selecións Galegas da FGB.
ROSTER CALVO BASKET XIRIA 2026/27

