20
O Comité Técnico Xuvenil da Federación Galega de Golf convocou ao xogador carballés Mario Díaz López para asistir á Segunda Concentración Técnica Sub-18, que se celebrou no Club de Golf Val de Rois este pasado domingo día 30 de xuño. Ademais ese mesmo día proclamouse Campión da liga da Escola Xuvenil do seu club.
O día anterior preto de 150 xogadores disputaron a segunda edición do Torneo Memorial Manolo Loureda. Este ano o fin principal da proba foron os Comedores Sociais e Mario Díaz conseguiu o premio ao Mellor Approach.