O Castelo de Vimianzo acollerá unha exposición de olería

1 minutes read

Será a cargo de Olería Lista na que o público poderá descubrir múltiples pezas que reivindican que a olería non é só unha expresión artística, senón unha parte do noso patrimonio, cultura e das prácticas rituais.

A mostra inclúe unha coidada selección de pezas creadas con cerámica artesanal elaborada en Buño que transforman a tradición en deseño contemporáneo. No taller combínanse mans expertas no torno, novas ferramentas dixitais e moita paixón que dan como resultado pezas únicas.

A inauguración será este xoves, 4 de decembro, ás 10:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Desde o Concello “animamos a todas as persoas amantes da cultura e tradición a achegarse e mergullarse de cheo nunha arte que, sen dúbida, é parte esencial da Costa da Morte”.