O Celta non puido viaxar a Valencia por mor do temporal Fabien

Foto.- Arquivo.

O Celta tiña previsto viaxar a Valencia este sábado nun voo chárter. Pero o avión non puido tomar terra en Galicia por culpa da borrasca Fabien. Nin en Peinador, nin tampouco en Lavacolla, onde se desprazaron os 21 convocados para o partido e agardaron durante a tarde. Finalmente volveron a Vigo. O Celta quere suspender o partido deste domingo ás seis e media no Cidade de Valencia, polo axustado dos tempos. A Liga quere que viaxe tan pronto como poida.