O Concello de Carballo asigna máis de 500 horas semanais ás entidades deportivas para a tempada 2026-2027

2 minutes read
  • A resolución ten carácter provisional e as entidades solicitantes dispoñen agora dun prazo de dez días hábiles para comunicar as horas de uso que non acepten en cada unha das instalacións asignadas.

O Concello de Carballo publicou a resolución provisional da convocatoria para a asignación de uso das instalacións deportivas municipais destinadas ao desenvolvemento de actividades físicas e deportivas de iniciativa privada co patrocinio municipal durante a tempada 2026-2027.

En total, participaron na convocatoria 19 entidades deportivas, entre clubs e escolas de fútbol, baloncesto, balonmán, hóckei e patinaxe, ximnasia rítmica, salvamento, capoeira e outras modalidades deportivas.

A proposta provisional contempla a distribución de máis de 500 horas semanais de uso das instalacións deportivas municipais, procurando unha utilización racional, equilibrada e eficiente dos recursos dispoñibles. O Anexo I da resolución detalla as asignacións por entidade, instalación, día e franxa horaria.

As entidades ás que se lles asignan provisionalmente instalacións ou espazos deportivos son:

• Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude

• Agrupación Deportiva Un Paso Máis

• Asociación Capoeira Bergantiños

• Asociación Cultural e Deportiva Awen

• Asociación Deportiva Xiria

• Bergantiños F.C.

• Club Baloncesto Artai

• Club Rítmica Carballo

• Club Rítmica Pangea

• Escola Basket Xiria

• Escola Lubiáns de Hóckei e Patinaxe

• Escolas Balonmán Xiria

• Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz

• Lenda Educativa

• Salvamento y Socorrismo Carballo

• Sociedade Deportiva San Lorenzo

• Sociedade Deportiva Sofán

• Sociedade Deportiva Oza

• Virgentis Salvamento Bergantiños

Campos de fútbol, pavillóns, ximnasios e piscinas

A distribución abrangue unha ampla variedade de instalacións municipais. Entre os campos de fútbol figuran As Eiroas, O Carral-Sofán e As Pedreiras-Verdillo.

No apartado de pavillóns, a asignación inclúe os de Vila de Noia e Carballo Calero, así como os pavillóns dos CEIP Fogar, Xesús San Luís Romero, Plurilingüe Gándara-Sofán e Plurilingüe Nétoma-Razo, e os dos IES Isidro Parga Pondal e Monte Neme.

Tamén se asignan ximnasios e outros espazos deportivos do CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Fogar, IES Isidro Parga Pondal, CEIP Bergantiños e CEIP A Cristina, ademais da zona do anfiteatro do pavillón Carballo Calero.

A proposta incorpora igualmente horas de uso das piscinas municipais Carballo Calero e Vila de Noia, así como das pistas de adestramento do Chorís.

Dez días hábiles para presentar renuncias

A resolución ten carácter provisional e as entidades solicitantes dispoñen agora dun prazo de dez días hábiles para comunicar as horas de uso que non acepten en cada unha das instalacións asignadas.

A distribución poderá comezar a ser efectiva a partir do 1 de setembro de 2026, aínda que a asignación non adquirirá carácter definitivo ata que se dite a correspondente resolución definitiva.

Con esta proposta, o Concello de Carballo avanza na planificación da actividade deportiva municipal para a nova tempada, facilitando ás entidades a organización dos seus adestramentos e actividades e buscando, ao mesmo tempo, optimizar o aproveitamento das instalacións e espazos deportivos municipais.