O Concello de Malpica adxudica a mellora da capa de rodadura do camiño desde a DP-4307 ata Bareango

1 minutes read

O Concello de Malpica de Bergantiños ven de adxudicar a obra de mellora da capa de rodadura do camiño que conecta a estrada provincial DP-4307 co lugar de Bareango, unha actuación incluída na 2ª Fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS+ Adicional 2/2025).


A actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos, S.L. por un importe de 42.350,70 euros.


O obxectivo desta intervención é mellorar o estado do firme, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza, ademais de contribuír á conservación da rede municipal de camiños.


Desde o goberno municipal destacan que esta obra forma parte do compromiso de continuar investindo na mellora das infraestruturas municipais e de atender as necesidades dos distintos núcleos do concello, co fin de ofrecer unhas comunicacións máis seguras e eficientes para toda a cidadanía.


Nos vindeiros días iniciarase a planificación dos traballos, que permitirán renovar a capa de rodadura deste vial e mellorar as condicións de circulación.