O Concello de Malpica de Bergantiños ven de rematar as obras de mellora da capa de rodadura nos núcleos de Leduzo e Pozacas, na parroquia de Cerqueda, unha actuación orientada a reforzar a seguridade viaria e mellorar as condicións de mobilidade da veciñanza. Os traballos consistiron na renovación do firme en varias vías municipais, contribuíndo a unha circulación máis cómoda e segura. Ademais, no núcleo de Leduzo levouse a cabo a apertura e recuperación dunha pista, mellorando a accesibilidade da zona e recuperando unha infraestrutura de utilidade para os residentes e para as actividades vinculadas ao medio rural. A actuación foi executada pola empresa J. Mauri e Hijos, S.L., cun investimento total de 45.616,44 euros. Desde o Concello de Malpica de Bergantiños destacan a importancia deste tipo de intervencións para manter en boas condicións a rede viaria municipal e seguir avanzando na mellora dos servizos e das comunicacións nas distintas parroquias do municipio.
0