O Concello de Vimianzo rematou a primeira fase das obras de mellora e pavimentación do núcleo de Tufións

1 minutes read

Tratouse dunha actuación destinada a mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a xestión das augas pluviais.

A intervención tivo tamén en conta a integración da obra na contorna e o respecto polos elementos tradicionais que forman parte da identidade do rural, combinando diferentes materiais como formigón e granito.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, salientaba o compromiso do Goberno municipal coa mellora das infraestruturas e dos servizos no rural: «Rematamos esta primeira fase, pero seguiremos traballando para completar a rede de pluviais e avanzar no saneamento».

Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Miguel Pérez, destacaba a importancia de executar actuacións «funcionais, necesarias e respectuosas coa contorna e coa identidade de cada núcleo».

Esta intervención conta co financiamento da Deputación da Coruña, a través do Plan POS.