24
O Deportivo cultivou unha vitoria de ouro en Elxe que lle dá aire para seguir loitando pola salvación, grazas ao gol do revulsivo Hugo Vallejo na segunda metade. O equipo de Fernando Vázquez xogou unha hora cun menos pola expulsión de Gaku Shibasaki, ao ver a vermella directa por unha durísima entrada a Josan, pero aínda así, romperon a súa mala serie e volven gañar oito xornadas despois.