O equipo móbil de expedición do DNI desprazarase a Vimianzo os días 12 e 13 de xaneiro de 2027

0 minutes read

O Concello de Vimianzo emitía un Bando facendo saber que o equipo móbil de expedición do DNI desprazarase á vila os días 12 e 13 de xaneiro de 2027, en horario de 9:00 a 12:00 horas

As persoas interesadas en tramitar o DNI por primeira vez, renovalo ou solicitar un duplicado por extravío deberán inscribirse previamente na Oficina de Rexistro do Concello.

Pode pedirse cita previa no teléfono 981 716 001. No momento da cita será necesario achegar unha fotografía actualizada e a documentación correspondente segundo o trámite. As taxas aboaranse no momento da expedición.