O Exército despregarase este domingo na Laracha

0 minutes read

No marco da Operación Balmis, unha unidade do Exército despregarase este domingo no Concello da Laracha para desenvolver actuacións dirixidas á loita contra a expansión do Covid-19.

Farase despois da solicitude presentada polo alcalde, José Manuel López Varela, á Subdelegación do Goberno.

Os traballos que levarán a cabo durante a xornada estarán centrados na desinfección de rúas dos núcleos urbanos e tamén de patrulla para, complementando o labor que realizan a Policía Local e a Garda Civil, controlar o cumprimento das medidas de confinamento decretadas polo Goberno central.