Ráfaga, a banda máis coñecida da música tropical e latina a nivel internacional, segue sumando miles de fans nas súas xiras polo mundo desde 1994 e o venres 26 de xuño actuará nas festas do San Xoán de Carballo. O éxito está asegurado, do mesmo xeito que arrasaron o ano pasado en Tordoia ou nas festas patronais de Laxe o 14 de agosto, donde unha multitude gozou sen parar das archicoñecidas cumbias do grupo arxentino.
Na actualidade, o grupo promociona as novas cancións nos paises onde presentaron o seu novo material discografico. A súa proxección internacional fai que Ráfaga estea constantemente viaxando polo mundo, visitando os seus fans para poder levarlles os seus incribles shows nos que a música soa de maneira ininterrompida.
Xuntos, logran un resultado impactante que transcende e potencia os logros individuais de cada integrante, o que lles permitiu conservar sempre a súa esencia, independentemente de que cambiasen algúns membros do grupo ao longo da súa frenética carreira.
