O IES Eduardo Pondal de Ponteceso celebra o Día de Europa

2 minutes read
  • Durante dúas xornadas realizaránse actividades, charlas e a posta en valor dos programas europeos desenvolvidos  no centro ao longo deste curso.

O programa ERASMUS+ tivo unha gran expansión neste curso 2024-2025. No pasado ano viaxaron 20 alumnos e alumnas de FP acompañados por 3 docentes. Nesta ocasión o programa esténdese á educación secundaria e bacharelato ampliando esta gran oportunidade a máis alumnado.

Este venres día 9 comemórase o Día de Europa, a data marca o aniversario da «Declaración Schuman», unha proposta histórica presentada en 1950 por Robert Schuman, ministro francés de Asuntos Exteriores, que sentou as bases da cooperación europea. A proposta de Schuman considérase o comezo do que hoxe é a Unión Europea. En 2025, o Día de Europa constitúe unha ocasión especial, dado que celebramos setenta e cinco anos desde a Declaración Schuman.

Este venres a xornada estará adicada ás viaxes realizadas polo alumnado e profesorado de bacharelato a Francia e Alemania. Un docente que realizou un “jobshadowing” e un grupo de 11 alumnos e alumnas de 1º de BACH acompañados por dúas docentes dentro do programa  “H2 OH!”. O centro recibirá en menos de dúas semanas a visita do grupo de alumnado e profesorado alemán e xa temos todo listo.

O vindeiro martes 13, será o tempo de do alumnado e profesorado de FP, nesta ocasión as viaxes foron a Italia e Portugal. Outro docente realizou un jobshadowing en Italia, onde 3 alumnas do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia realizan alí o seu periodo de prácticas ata o mes de xuño. E agora mesmo, tamén, 4 alumnos da FP Básica de Automoción están realizando unha estadía en empresa acompañados do seu titor en Portugal.

Pero as actividades non acabana aquí, no mes de xuño será o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de Electromecánica do automóbil e de Atención a persoas en situación de dependencia os que viaxen a Portugal.